Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2012046AL-PO, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 29 de novembro de 2012, a conselleira de Sanidade resolveu desestimar o recurso de alzada que presentou Jesús Herbello Caride contra outra resolución ditada con data do 18 de maio de 2012 no expediente sancionador 2012046AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra contra o recorrente por infraccións en materia sanitaria.

Unha vez intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Jesús Herbello Caride o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Tamén se lle lembra o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda núm. 43-1º, ou na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (Servizo Técnico-Xurídico), situada no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA, transacción 1316 NIF S1511001H, e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 3 de xaneiro de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2012046AL-PO.

Denunciado: Jesús Herbello Caride, con NIF 35970601-G, titular do establecemento Panadería Pastelería Herbello.

Último enderezo coñecido: avda. Fragoso, 19, 36210 Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 2 punto 2.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigos 3 e 5, capítulo I, puntos 1, 2 e 10; capítulo II, punto 1; capítulo V, punto 1, e capítulo IX, puntos 2, 3, 4 e 5 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: mil setecentos euros (1.700 euros).

Contido da resolución: desestima o recurso de alzada interposto por Jesús Herbello Caride.