Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2013 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamación xestionados na Xefatura Territorial da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

Crugar XXI, S.L.

IN635A 2012/116-1

Resolución

Ribeira

Piñón Sousa, Mª Victoria

IN635A 2012/237-1

Resolución

Ferrol

Pampín Pampín, Mª Pilar

IN635A 2012/258-1

Alegacións

A Coruña