Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Sabarei de Abaixo e de Arriba, no concello do Corgo (expediente 018/2011 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro ) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT, CT e RBT Sabarei de Abaixo e de Arriba.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.277 metros, con orixe no apoio metálico existente da LMT derivada ao CT Sabarei de Abaixo, en condutor LA-56 e final no apoio de formigón proxectado nº 9, sobre apoios de formigón (4) e metálicos (5).

2. Centro de transformación de intemperie, de 50 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V, en Sabarei de Arriba, sobre apoio de formigón (nº 9 no proxecto).

3. Rede de baixa tensión aérea en condutor RZ, cunha lonxitude de 982 m, con orixe no centro de transformación proxectado de Sabarei de Arriba, sobre apoios de formigón (49) existentes.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro)

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, Lugo) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que coiden oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir os posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, cando, tentada a notificación, non se puidese realizar e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 9 de xaneiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Ref. catastral

Nº predio

Polg.

Parc.

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

5

136

192/204

Finca Villadangos

Prado

– José Antonio Ferreiro Palacios

Sabarei de Arriba, nº 12, 27163 O Corgo, Lugo

5

2.0

157.0

1.570.0

6

137

256

O Illón

Prado

– Monte veciñal de Sabarei de Arriba

Sabarei, 27163 O Corgo, Lugo

6

2.0

58.0

522.0

7

137

251

O Illón

Prado

– Antonio López Fernández

Casisaldo, nº 1, 27163 O Corgo, Lugo

129.0

1.061.0

8

137

58

Noveiros

Prado

– Enriqueta López Castedo

r/ Aprestadora, nº 76, 4º A, 08902 L´ Hospitalet de Llobregat, Barcelona

7

2.0

156.0

1.528.0

9

137

58

Noveiros

Monte alto

– Enriqueta López Castedo

r/ Aprestadora, nº 76, 4º A, 08902 L´ Hospitalet de Llobregat, Barcelona

8 (SXS)

10.0

42.0

668.0

10

137

53

O Illón

Monte alto

– Hdos. de Manuel Fernández Iglesias

Repr.: Jesús Fernández Prado

Sabarei de Abaixo, nº 5, 27163 O Corgo, Lugo

6.0

11

137/152

52/101

Illán

Monte baixo

– Monte veciñal de Sabarei de Arriba

Repr.: José Antonio Ferreiro Palacios

Sabarei de Arriba, nº 12, 27163 O Corgo, Lugo

9 (CTI)

10.0

141.0

1.476.0