Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2012275TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 19 de decembro de 2012, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2012275TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a José Luis González Castiñeira (Café Bar Aeroclub).

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a José Luis González Castiñeira o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2012275TA-CO.

Interesado: José Luis González Castiñeira (Café Bar Aeroclub).

DNI/NIF/CIF: 32836218-S.

Último enderezo coñecido: r/ Nantín, 16-baixo, 15002 A Coruña.

Feito/s imputado/s: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: a) Artigo 35.b.2) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. b) Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos: artigo 7.u) e artigo 19.1 e 3.b).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 601 € (seiscentos un euros).