Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.
Denominación: desvío de liña de media tensión e rede de baixa tensión en Naseiro.
Situación: concello de Viveiro.
Características técnicas:
– Reforma da LMT Centrais, consistente na instalación de dous apoios metálicos, nos cales se colocan dous pasos aéreos a soterrados, entre os cales se soterra a liña.
– LMTS, entre os novos apoios proxectados, cunha lonxitude de 152 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.
– RBTA con orixe no CT Naseiro (11132) formada por dous circuítos en condutor tipo RZ.
– Reforma da rede de baixa tensión aérea do CT Naseiro (11132) consistente no soterramento dun tramo aéreo.
– RBTS para soterramento do tramo afectado pola rede aérea.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 7 de xaneiro de 2013
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo