Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.
Denominación: LMTS, CT r/ Frei Luis de Granada, 8.
Situación: concello de Sarria.
Características técnicas:
– LMTS a 20 kV consistente en anelar na liña SAR807 o CT proxectado entre o CT 27CT30 e o CT 27CS15, cunha lonxitude de 18 metros, en condutor RHZ1-240.
– CT r/ Frei Luis de Granada 8 en edificio non prefabricado compacto de manobra exterior, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 7 de xaneiro de 2013
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo