Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2012/83-2, 8051 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CT Gallopiños e RBTS para edificio de vivendas Os Gallopiños en avda. de Viveiro.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV en canalización existente e proxectada, consistente en anelar o CT proxectado entre o CT Dunas de LLas e o CS Gadis, cunha lonxitude de 250 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

– CT Gallopiños proxectado en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– RBTS con orixe no CT Gallopiños proxectado e final na BTV do edificio e en tres pasos aéreos a soterrados, cunha lonxitude de 115 metros de condutor tipo RV-240 e 20 metros en conductor tipo RV-50.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustaran en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 7 de xaneiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo