Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarreaus (expediente IN407A 2013/1-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hormigones Carral, S.L.

Domicilio social: rúa Souto, 8, baixo, 15175 Carral, A Coruña.

Denominación: CT de 630 kVA para planta de fabricación de formigón e planta de clasificación de agregados, auxiliar ás obras do corredor Norte de alta velocidade Madrid-Galicia e outras.

Situación: Sarreaus.

Características técnicas:

LMT aerosubterránea a 20 kV, de 7,5 m en aéreo, con condutor LA-56 e 28 m en subterráneo con condutor RHZ1 e orixe no apoio 187 da LMT de Unión Fenosa (VER811 Laza) e remate no CT proxectado Paradiña, prefabricado, de 630 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 37.826,23 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de xaneiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense