Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.
Denominación: OCR Dunas de Llas.
Situación: concello de Foz.
Características técnicas: OCR Dunas de Llas consistente na motorización das celas existentes, a protección térmica do transformador e a instalación dun telemando para a xestión das distintas liñas que conflúen no centro desde o CECORE de Begasa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.
Lugo, 7 de xaneiro de 2013
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo