Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2012/98-2, 8065 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: OCR caseta Rozas.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con orixe no apoio metálico existente nº 36 A-85918 da liña de Mosteiro-ST Meira e final no OCR caseta Rozas proxectado, formada por tres circuítos, cunha lonxitude por circuíto de 20 metros de condutor proxectado tipo RHZ-150.

– OCR caseta Rozas en edificio prefabricado tipo PFU-3, no cal se instalan dúas celas de liña motorizadas, unha cela de interruptor automático motorizada e unha cela de liña con transformador de servizos auxiliares SSAA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de xaneiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo