Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a desistencia da contratación do servizo de transporte do persoal sanitario dos puntos de atención continuada de Ferrol, Fene e Narón (AB-ASF1-12-014).

Con motivo do recurso interposto pola empresa Rías Altas, S.A., no que impugna o punto da cláusula 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares do expediente AB-ASF1-12-014, que exixe que á documentación administrativa se xuntasen copias do permiso municipal do condutor e licenza municipal para automóbiles de servizo público, ditouse a Resolución do 5 de decembro de 2012 estimando o recurso.

Posteriormente, por Resolución do 12 de decembro de 2012, acordouse a desistencia da celebración deste contrato de conformidade co artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido de la Lei de contratos do sector público, ordenando convocar unha nova licitación na cal deban servir de base uns novos pregos que permitan participar na licitación a todas as empresas que o ordenamento xurídico faculta para a realización do obxecto deste contrato.

Ferrol, 31 de decembro de 2012

P.D. (Orde 5.7.2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol