Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de transporte de usuarias ás unidades de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (AB-CON1-12-008).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54  27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 25.2.2013.

d) Número de expediente: AB-CON1-12-008.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de transporte de usuarias ás unidades de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/7.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30.11.2014.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 60130000-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Oferta económica: prezo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 406.636,10 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 312.797 euros. Importe total: 344.076,70 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo R, subgrupo 1, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusulas 5.3.1.g), h), i) e j) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 25.2.2013.

b) Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 15 días contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal:15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8.1.2013.

12. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos