Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2013, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza o representante legal da entidade interesada para ser notificado por comparecencia no expediente de vivendas de protección oficial de promoción pública C-2007/020.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázase o representante legal da entidade interesada que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se ter efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2013

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C- 2007/020.

Interesada: Urbisega, S.L.

Acto notificado: requirimento da emenda de deficiencias construtivas nas vivendas de protección oficial de promoción pública sitas no polígono de Xarás, concello de Ribeira (A Coruña).