Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2386

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de modificación do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobado inicialmente, por acordo do Pleno do día 28 de novembro de 2012, o proxecto de modificación do Plan xeral de ordenación municipal, de acordo cos artigos 85.2 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por un prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, calquera persoa interesada poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas pola suspensión son a igrexa e o cemiterio de Sanamede do Monte.

A Baña, 8 de xaneiro de 2013

José Andrés García Cardeso
Alcalde