Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2387

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial dos sectores SURPP B1 e B2.

De conformidade co disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro (LOUGA), faise público para xeral coñecemento que o Pleno desta corporación municipal, na sesión ordinaria realizada o 17 de xaneiro de 2013, aprobou de xeito definitivo a modificación puntual do proxecto do Plan parcial dos sectores de solo urbanizable público programado B1 e B2 que fora aprobado de xeito definitivo na sesión plenaria do 8.3.2007.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo dispón o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou utilizar calquera outro recurso que coide oportuno.

Deste acordo de aprobación definitiva daráselle traslado á Xunta de Galicia nos termos previstos no artigo 92.3 LOUGA.

Boiro, 22 de xaneiro de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde