Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2260

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública relativo a un serradoiro de pedra natural (expediente 388/12).

Artegran, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun serradoiro de pedra natural na rúa dos Carros, parque empresarial IN-F, rueiro C, parcela 17.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, a fin de que durante este prazo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se coiden oportunas.

Lugo, 21 de decembro de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo