Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2259

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervantes

ANUNCIO de información pública sobre a construción dunha corte e a legalización de almacén de explotación de vacún de carne.

Solicitada licenza de actividade para proxecto de construción de corte e legalización de almacén de explotación de vacún de carne en Vilar de Donís, parroquia de Donís (San Fiz), por Abel López González, sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o correspondente expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública polo plazo de 20 días tal como establece o artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Cervantes, 20 de decembro de 2012

Benigno Gómez Tadín
Alcalde