Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2258

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Tras ser aprobado inicialmente polo Pleno da corporación, en sesión que tivo lugar o día 28 de decembro de 2012, o Plan xeral de ordenación municipal, de conformidade co disposto no artigo 85 e concordantes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, sométese o expediente ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Catoira, 7 de xaneiro de 2013

Alberto García García
Alcalde presidente