Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2257

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

CORRECCIÓN de erros do anuncio de licitación para a contratación do servizo de telefonía móbil, fixa e conexións de datos do Concello.

No anuncio publicado no DOG número 4, do 7 de xaneiro de 2013, detectouse un erro material, polo que se procede á súa rectificación nos termos previstos no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no seguinte sentido:

Onde di:

«Prazo de presentación: 15 días naturais».

Debe dicir:

«Prazo de presentación: 20 días naturais».

O prazo de presentación de ofertas comezará a contar desde o día seguinte ao do último anuncio publicado no BOP, no DOG ou no perfil de contratante do Concello do Carballiño.