Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2261

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a prestación do servizo de telecomunicacións das dependencias municipais (expediente 19/2012).

Mediante Decreto da Alcaldía do 14 de xaneiro de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 19/2012).

2. Obxecto do contrato: servizo de telecomunicacións (telefonía fixa, móbil, acceso á internet e sms) das dependencias municipais do Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 142.780 € (118.000 € + 24.780 € de IVE), cun prazo de execución de dous anos (con posibilidade de prórroga dun ano).

5. Garantías: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 14 de xaneiro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde