Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2188

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (287/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento 287/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Ures Pérez contra a empresa Grupo Inversor Ortegal, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo David Ures Pérez contra a empresa Grupo Inversor Ortegal, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data 8 de xaneiro de 2011, condenando a entidade demandada a que, no prazo de cinco (5) días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.217,19 euros, con aboamento, en ambos os casos, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 13,75 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco (5) días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a previa consignación do importe da condena, que deberá ingresar na conta no Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229 da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución, á disposición deste xulgado, de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o interesado de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación a Grupo Inversor Ortegal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial