De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación polo servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Secretaría Xeral para o Turismo, sita na praza de Mazarelos nº 15 (Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2013
Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG núm. 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral da Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación
ANEXO
Expediente: TU970A 2012/20-4.
Interesada: Viajes Rascado, S.L.
Acto de notificación: resolución definitiva de concesión.