Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a realizar as verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828/2006, das operacións correspondentes ao Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal, Área de Cooperación Galicia-Rexión Norte de Portugal, 2007-2013, que se declaren no período de vixencia deste contrato (este contrato cofinánciase nun 75,82 % con fondos Feder do programa).

Para os efectos do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte expediente de contratación:

Servizo que terá por obxecto realizar as verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828/2006, das operacións correspondentes ao Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal, Área de Cooperación Galicia-Rexión Norte de Portugal, 2007-2013, que se declaren no período de vixencia deste contrato.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Facenda, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos.

c) Publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia nº 210, do 5 de novembro de 2012, www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18174

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realizar as verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828/2006, das operacións correspondentes ao Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal, Área de Cooperación Galicia-Rexión Norte de Portugal, 2007-2013, que se declaren no período de vixencia do presente contrato.

b) Prazo de execución: a duración do contrato será de tres anos, contados a partir do día seguinte ao da súa sinatura.

c) Prórroga: o contrato é susceptible de prórroga por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, por un período máximo dun ano.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Cento oitenta e nove mil douscentos cincuenta euros con trinta e seis céntimos (189.250,36 euros), IVE excluído.

5. Adxudicación e formalización.

a) Data de adxudicación: 19 de decembro de 2012.

b) Contratista: KPMG Auditores, S.L.

c) Importe da adxudicación: cento trinta e oito mil cento cincuenta e dous euros con setenta e sete céntimos (138.152,77 euros), IVE excluído.

d) Data da formalización: 26 de decembro de 2012.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012)
María Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda