Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Granja Amistad, CB para unha granxa de galiñas poñedoras localizada no concello de Taboadela (Ourense). Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-122.

Con data do 30 de abril de 2008 outorgouse a Granja Amistad, C.B. a autorización ambiental integrada nº 2007/0049_NAA/IPPC_133 para unha granxa de galiñas poñedoras localizada no concello de Taboadela (Ourense). Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día da súa notificación ao titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, de ser o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada polo solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

«Proxecto básico para a renovación da autorización ambiental integrada. Granja Amistad C.B. Explotación avícola Amistad. Taboadela-Ourense. Setembro de 2012»

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental – Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Paseo, nº 18, 32003 Ourense).

– Concello de Taboadela (praza do Concello, nº 1, 32690 Taboadela, Ourense).

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental