Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (FCC) para unha planta de xestión de RSU da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza, localizada no concello de Lousame (A Coruña). Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-99.

Con data do 29 de setembro de 2008 concedeuse a Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (FCC) a autorización ambiental integrada nº 2006/0116_NAA/IPPC_177 para unha planta de xestión de RSU da mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, localizada no concello de Lousame (A Coruña). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, de ser o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

– Complexo ambiental de tratamento de residuos sólidos urbanos da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza: memoria ambiental de solicitude de renovación da autorización ambiental integrada clave 2006/0116/NAA/IPPC.Rev 1 emisión 16.11.2012, código proxecto SER/T/2012/000014.

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Lousame (praza Teodomiro Hidalgo nº 1, 15214 Lousame (A Coruña).

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental