Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2223

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica recuamento LMT A Gudiña, tramo túnel O Canizo vía dereita, no concello da Gudiña (expediente IN407A 2012/56-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMT A Gudiña, tramo túnel O Canizo vía dereita.

Situación: A Gudiña.

Descricións técnicas:

LMT aero-subterránea a 15 kV, de 71 m en aéreo con condutor LA 110 e 1.134 m en subterráneo con condutor RHZ1, e orixe na LMT existente procedente do CT bombeo A Gudiña e remate na LMT A Gudiña-Penouta CSG702, con entrada e saída nos CS proxectados A Gudiña e Renfe.

LMT aero-subterránea a 15 kV, de 81 m en aéreo con condutor LA 56 e 90 m en subterráneo con condutor RHZ1, e orixe no CS proxectado A Gudiña, e remate na LMT aos CTS Gudiña III e polígono Moure 32CD95.

LMT subterránea a 15 kV, de 19 m, con condutor RHZ1 e orixe no CS proxectado Renfe e remate na LMT ao CT Renfe 32PD97.

Orzamento: 106.857,83 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

Ourense, 28 de decembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense