Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: recuamento LMT Polígono de Moure.
Situación: A Gudiña.
Características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV de 110 m de lonxitude con condutor LA-56, con entrada e saída no CT existente (32CD95).
Orzamento: 11.561,76 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.
Ourense, 28 de decembro de 2012
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense