Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Castro de Rei e Cospeito (expediente IN407A 2012/92-2, 8060 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma RBTA do CTI Bouzavella (05196) Xustás-Cospeito.

Situación: concellos de Castro de Rei e Cospeito.

Características técnicas:

– Cambio da máquina existente (50 kVA) do CTI Bouza Vella (05196) por un de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Substitución do condutor existente da liña de baixa tensión saída 2 do CBT, CTI Bouza Vella (05196), cunha lonxitude de 730 metros en condutor tipo RZ-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 2 de xaneiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo