Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2013 pola que se empraza para trámite de audiencia a empresa Ecoservicios e Bioconstrucción Atlas, S.L., en relación co contrato de obras para a restauración da igrexa de San Cremenzo do Pindo, concello de Carnota, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

O órgano de contratación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria adoptou o día 23.11.2012 o acordo de inicio do procedemento para resolver o contrato de obras de restauración da igrexa de San Cremenzo do Pindo, concello de Carnota (A Coruña), coa empresa Ecoservicios e Bioconstrucción Atlas, S.L.

A notificación deste acordo foi intentada pero non foi posible a súa práctica polo que, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede emprazar para o trámite de audiencia ditado no acordo a empresa Ecoservicios e Bioconstrucción Atlas, S.L. Esta cédula será exposta no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia.

A interesada disporá dun prazo de 10 días naturais, que comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións, os documentos e as xustificacións que considere pertinentes.

O texto íntegro do acordo e o expediente relacionado atópanse no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 3, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria