Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2051

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (181/2012).

Manuel Rodríguez Zarraquiños, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 181/2012 seguido por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. fronte a Ronny Rafael Ugarte Falcones, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza:

Ourense, vinte e sete de xullo de dous mil doce.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario número 181/2012, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da compañía mercantil Santander Consumer, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representada polo procurador Sr. Marquina Fernández, asistida polo letrado Sr. Sanjiao García, contra Ronny Rafael Ugarte Falcones, en situación de rebeldía neste procedemento.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decido que estimando a demanda formulada pola representación da compañía mercantil Santander Consumer, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., contra Ronny Rafael Ugarte Falcones, debo condenar e condeno o demandado a aboarlle á demandante a cantidade de once mil oitocentos dezaseis euros e vinte e seis céntimos, máis os xuros percibidos desde a data de liquidación da débeda, o día 6 de febreiro de 2012, ata a do completo pagamento calculados ao tipo pactado no contrato, e impoño expresamente ao demandado as custas deste procedemento.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

Seguen sinaturas.

E encontrándose o dito demandado, Ronny Rafael Ugarte Falcones, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 27 de xullo de 2012

O secretario xudicial