Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (106/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 106/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Fraga Maza contra a empresa Peletería Pepe Nieto, S.L., Peletería Senda, S.L., María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Carmen Hombre Porto, José Nieto Puente, sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións:

«Auto 9.11.2012.

Parte dispositiva.

Acordo ter por non anunciado o recurso de suplicación por Peletería Senda, S.L. e, ao non constar o anuncio de recurso por ningunha das restantes partes, declaro firme a sentenza ditada nos presentes autos.

Arquívense as presentes actuacións unha vez firme a presente resolución.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden recorrer en queixa ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dez días desde a notificación da presente resolución.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

«Dilixencia de ordenación 3.1.2013.

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2013.

O anterior oficio recibido do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acompañado de dilixencia de ordenación de data 21 de decembro de 2012 admitindo a trámite o recurso de queixa fronte ao auto de data 9 de novembro de 2012 ditado por este xulgado únase aos autos.

Notifíqueselles ás partes.

Remítase á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia copia da sentenza ditada, do anuncio do recurso de suplicación e as consignacións e depósitos efectuados pola recorrente, así como a notificación a esta do auto de data 9 de novembro de 2012».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., Carmen Hombre Porto e José Nieto Puente e Peletería Pepe Nieto, S.L., expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial