Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (151/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 151/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Santalla Seoane contra a empresa Brauron, S.L., Mabarza, S.L., Brauron, S.A., Eduardo Deben Probados, Exfoga, S.L.U., Xestora Couros 2000, S.L., Kebot 51, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Martín Santalla Seoane e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data da presente sentenza, a resolución do contrato de traballo que une o demandante coa empresa Brauron, S.L. e condeno solidariamente a Brauron, S.L., Exfoga, S.L. e Mabarza, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 10.018,29 euros en concepto de indemnización.

2º. Condeno solidariamente a Brauron, S.L., Exfoga, S.L. e Mabarza, S.L. a aboar ao demandante 18.562,35 euros netos en concepto de salarios, complemento de IT e liquidación de vacacións, percibidos desde xaneiro de 2011 ata o mes de xullo de 2012, inclusive.

As devanditas sumas deberán incrementarse cos xuros do artigo 576 LAC.

Condeno a administración concursal e o Fogasa a estar e pasar por esta resolución e no caso do Fogasa de conformidade co normado no artigo 33 do ET.

Absolvo a Xestora Kouros 2000, S.L. e Kebot 51 dos pedimentos de condena contidos na demanda contra elas.

Considérase o demandante desistido da acción exercida contra Brauron, S.A.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

Advírtese ao destinatario Brauron, S.A. que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial