Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1954

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (413/2012).

Francisco José Camino Suárez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 413/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Antonio Vidueiros Campos contra a empresa Mourenza Automoción, S.L., o Fogasa-Fondo de Garantía Salarial e Marta Pérez Vázquez, sobre despedimento, se ditou a seguinte decisión de sentenza:

«Que acepto integramente a demanda interposta por Manuel Antonio Vidueiros Campos fronte á mercantil Mourenza Automoción, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e fronte a Marta Pérez Vázquez e, en consecuencia, condeno a mercantil Mourenza Automoción, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de 14.044,91 euros, cantidade que deberá ser incrementada co 10 % de xuros por demora no pagamento; debe responder dela Marta Pérez Vázquez unicamente na súa condición de administradora concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Mourenza Automoción, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial