Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto, para a contratación do servizo de asistencia pericial aos órganos da Administración de xustiza en Galicia (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e información de índole administrativa: 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico:

maria.blanco.aller@xunta.es; rafael.isaac.juanatey.mayan@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18353

8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SEXU 7-8-9-10-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de asistencia pericial aos órganos da Administración de xustiza en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: catro.

Lote 1: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia da Coruña.

Lote 2: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Lugo.

Lote 3: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Ourense.

Lote 4: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Pontevedra.

d) Lugar de execución: en cada unha das sedes indicadas na letra anterior.

e) Prazo de execución: doce meses contados a partir do día seguinte á sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 71319000-7. Servizo de peritaxe.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 400.000,00 € (IVE excluído), incluídas as posibles prórrogas.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 200.000,00 €.

IVE (21 %): 42.000,00 €.

Importe total: 242.000,00 €. Desagregado por lotes do siguiente modo:

Lote 1. Importe sen IVE: 122.440,00 €. Importe IVE (21 %): 25.712,40 €. Total: 148.152,40 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 27.680,00 €. Importe IVE (21 %): 5.812,80 €. Total: 33.492,80 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 12.000,00 €. Importe IVE (21 %): 2.520,00 €. Total: 14.520,00 €.

Lote 4. Importe sen IVE: 37.880,00 €. Importe IVE (21 %): 7.954,80 €. Total: 45.834,80 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE excluído). No caso de baixa desproporcionada terá que constituírse unha garantía do 10 % do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.15 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza