Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto, para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia (6 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e información de índole administrativa: 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico:

maria.blanco.aller@xunta.es; rafael.isaac.juanatey.mayan@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18354

8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SEXU 1-2-3-4-5-6-EM.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: seis.

Lote 1: sede do Rexistro Civil da Coruña.

Lote 2: sede do Rexistro Civil de Ourense.

Lote 3: sede dos xulgados do Mercantil e do Contencioso-Administrativo da Coruña (plantas 5ª, 6ª e 7ª do edificio Proa. Matogrande).

Lote 4: sede do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui.

Lote 5: edificio dos xulgados de Cangas do Morrazo.

Lote 6: sede da Subdirección do Imelga na Coruña.

d) Lugar de execución: en cada unha das sedes indicadas no punto anterior.

e) Prazo de execución: doce meses contados a partir do día seguinte á sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 79710000-4 (servizo de seguridade) e 79714000-2 (servizo de vixilancia).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 415.880,00 € (IVE excluído), incluídas as posibles prórrogas.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 207.940,00 €.

IVE (21 %): 43.667,40 €.

Importe total: 251.607,40 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1. Importe sen IVE: 39.310,00 €. Importe IVE (21 %): 8.255,10 €. Total: 47.565,10 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 39.310,00 €. Importe IVE (21 %): 8.255,10 €. Total: 47.565,10 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 51.725,00 €. Importe IVE (21 %): 10.862,25 €. Total: 62.587,25 €.

Lote 4. Importe sen IVE: 25.865,00 €. Importe IVE (21 %): 5.431,65 €. Total: 31.296,65 €.

Lote 5. Importe sen IVE: 25.865,00 €. Importe IVE (21 %): 5.431,65 €. Total: 31.296,65 €.

Lote 6. Importe sen IVE: 25.865,00 €. Importe IVE (21 %): 5.431,65 €. Total: 31.296,65 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído). No caso de baixa desproporcionada terá que constituírse unha garantía do 10 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: para o suposto en que se licite un número de lotes en que os orzamentos de licitación sumen un importe superior ao establecido no artigo 25.1 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, no que se fala de orzamento igual ou superior a 120.202,42 € (IVE incluído), sen ter en conta, polo tanto, o valor estimado do contrato máis as posibles prórrogas e modificacións (disposición transitoria cuarta do TRLCSP), exíxese clasificación no grupo M, subgrupo 2 e 3. A categoría da clasificación establecerase en función da suma dos orzamentos de licitación dos lotes a que concorran, de acordo cos seguintes importes:

Categoría A: inferior a 150.000,00 €.

Categoría B: igual ou superior a 150.000,00 € e inferior a 300.000,00 €.

Categoría C: igual ou superior a 300.000,00 € e inferior a 600.000,00 €.

b) Solvencia: no caso de presentarse a lotes cuxa suma sexa igual ou inferior a 120.202,42 € (IVE incluído), requirirase a seguinte solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela:

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.00 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza