Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (764/2011).

Rafael Gonzalez Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 764/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Montes Pérez contra Lofi, C.B., Josefa Castro García e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, estimando a demanda presentada por Lorena Montes Pérez contra a empresa Lofi, C.B., contra a comuneira Josefa Castro García e contra o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.250,54 euros, máis os xuros de mora. Procede a absolución do Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que lle puider corresponder nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta resolución ás partes e comuníqueselles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en forma a Lofi, C.B. e a Josefa Castro García, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 28 de decembro de 2012

O secretario xudicial