Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1028/2011).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1028/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra a empresa Euromerchant 2001, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, e o Sespa, sobre seguridade social, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

«Autos 1028/2011.

Na cidade da Coruña o 28 de decembro de 2012.

Lara M. Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre seguridade social (incapacidade temporal), por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, que comparece representada pola letrada Sra. Llan Lodos, e contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, que comparece representado pola letrada Sra. Guerra Díez, o Servizo de Saúde do Principado de Asturias e a empresa Euromerchant 2001, S.L., que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza:

Decido que, desestimando a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Servizo de Saúde do Principado de Asturias e a empresa Euromerchant 2001, S.L., debo absolver e absolvo a parte demandada de todos os seus pedimentos.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Euromerchant 2001, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial