Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1949

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1034/2011).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1034/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Seoane Boto contra a empresa MC Mutual, Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa José Eugenio Campillo Veiga, sobre seguridade social, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo que, desestimando a demanda interposta por Ricardo Seoane Boto contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a mutua MC Mutual e a empresa José Eugenio Campillo Veiga, debo absolver e absolvo as partes demandadas de todos os pedimentos da demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa José Eugenio Campillo Veiga, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial