Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1945

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (757/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 757/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Adrián Siso Barbeito contra a empresa Corporación Mundial de Publicidade e Logotipos, S.L. (Compulogo, S.L.), con intervención de Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

«Asunto 757/2010.

A Coruña, 19 de decembro de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidade, por instancia de Manuel Adrián Siso Barbeito, que comparece, contra a empresa Corporación Mundial de Publicidad y Logotipos, S.L. (Compulogo) e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta por Manuel Adrián Siso Barbeito contra a empresa Corporación Mundial de Publicidad y Logotipos, S.L. (Compulogo), a condeno a que lle aboe a cantidade de catro mil oitocentos doce euros e sesenta e sete céntimos (4.812,67 euros), incrementada co xuro por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Corporación Mundial de Publicidad y Logotipos, S.L. (Compulogo, S.L.), expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial