Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1943

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5151/2009-S).

Secretaría: Mª Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5151/2009-S.

Materia: recarga de accidente.

Recorrente: Hijos de J. Barreras, S.A.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mintucal, S.L., Rentel Alquiler de Maquinaria Valencia, S.L., Cristina Rogelio Figueiredo Roman, Construciones y Transformaciones Navales, S.A.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Demanda 847/2008.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5151/2009-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 847/2008 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos por Hijos de J. Barreras, S.A. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mintucal, S.L., Rentel Alquiler de Maquinaria Valencia, S.L., Cristina Rogelio Figueiredo Roman, Construciones y Transformaciones Navales, S.A., sobre recarga de accidente, con data 15 de novembro de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos que desestimándolle recurso de suplicación interposto pola representación legal da entidade Hijos de J. Barreras, S.A. contra a sentenza de data 18 de maio de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo nos autos número 847/2008, seguidos por instancia da empresa Hijos de J. Barreras, S.A. contra o INSS, Cristian Figueirido Roma, Mintucal, S.L., Construcciones y Transformaciones Navales, S.A. e Rentel Alquiler de Maquinaria Valencia, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia, e condenamos a recorrente a aboarlle a cada un dos impugnantes do seu recurso a cantidade de 300 euros en concepto de horarios do letrado impugnante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones y Transformaciones Navales, S.A., con último domicilio coñecido en Vigo, Dársena de Bouzas, r/ Eduardo Cabello, s/n, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de decembro de 2012

A secretaria xudicial