Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2012/4-4).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo & Cía, S.A.

Domicilio: r/ Virgen de la Luz 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT, RBT Outeiro-Meirol.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 58 metros de lonxtidue, con orixe no apoio existente 4ES01019 da liña 4 O Ceo-O Covelo-A Ermida e final no apoio proxectado C24/4500, do cal continúa subterránea 40 metros, facendo entrada e saída no CT proxectado Outeiro-Meirol e volvendo ao apoio da orixe, co mesmo percorrido en subterráneo e en aéreo. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/230-400 V, situado en Outeiro, Meirol, Mondariz. Rede de baixa tensión aérea de 728 metros de lonxitude total, con condutor RZ e orixe no CT proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 12 de decembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra