Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2012/314-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMTS de conexión ao CT nº 4 do polígono PPI-6 sector 2.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 550 metros de lonxitude, con orixe no centro de protección e medida de Budiño-Gándaras e final no centro de transformación nº 4 do polígono sur PPI-6 sector 2. A instalación está situada nos terreos do sector 3 e 2 do polígono industrial sur PPI-6, San Salvador de Budiño, O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de decembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra