Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Endesa Generación, S.A. para a central térmica de ciclo combinado localizada no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-118.

Con data do 28 de xuño de 2005 concedeuse a Endesa Generación, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2003/0331_AIA/IPPC_006 para a central térmica de ciclo combinado localizada no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Nesta autorización establécese unha vixencia de oito anos contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, se for o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que polo espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

Solicitud de renovación de la autorización ambiental integrada de la central térmica de ciclo combinado As Pontes. Noviembre 2012.

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (praza de Luís Seoane, s/n. 15008 A Coruña).

• Concello das Pontes de García Rodríguez (Parque Municipal, s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental