Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 1154/2009, do 12 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A Sección 5ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, con data do 16 de outubro de 2012, ditou sentenza no recurso de casación número 1785/2010 desestimando o recurso de casación interposto polo Concello da Estrada e pola Xunta de Galicia contra a sentenza pronunciada no 12 de novembro de 2009 pola Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso contencioso-administrativo 4043/2007.

Esta sentenza, que devén firme, na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Manuel Rolando Fernández Requejo, María Teresa Loures Chedas, María Felisa Leyes Borrajo, Ramón Leyes Borrajo, Mª Cristina Barros García, Manuel Pedro Francisco Donado Campos, Manuel Alfredo Pedro Campos Pena, Carlos Manuel Losada Pazo, Alfredo Campos Pena, Agar Cabo García, Agar Candiada Carrero Cabo, María Luisa Carrero Cabo, Isabel Lino Álvarez Quiñones, Mª Celina Campos Pena, Francisco Javier Donado Campos, José Manuel Cirtizo Lago, Josefa Camba Gómez, Gloria Baliño Valiñas, María Josefa Mato Hortas, Manuel Terceiro Durán, Manuel Ángel Carballo Picans, Ana Camba Gómez, Isabel Camba Gómez, Marina Inés Camba Gómez, María de los Ángeles Rivas Lemus, Mª Isabel Felisa Leyes Borrajo, Milagros Manuel Coto Matalobos, José Juan Valladares Gestoso, Guillermina Campos Paseiro, Higinio Gulias Cortes, José Antonio López Meijome, Luis Torrado Varela, Ángel Benjamín Docano Campos, Regina Fernández Rodríguez, Concepción Durán Pazo, Mª de los Ángeles Durán Pazo, María Olivia Donado Campos, Fernando Porto Mato, Jorge Juan Docampo Regengo, José Ignacio Porto Mato, Cesáreo Pulleiro Cajide, Laura Araujo López, Otilia Ameijeiras Ferro, Rosa Ana Corral Rivadulla, Mª Cruz de la Esperanza Diz Paseiro, Trinidad Barranco Pomares, Javier Paz Sangiao, Francisco José López Quinteiro, Juan Blanco Gestoso, Manuel Ramiro Durán Cea, Rosa María Muñiz Martínez, Mª Luz Louzao Arca, Francisco Javier Esmorís Durán, Gumersinda Ferro Mesego, José Paz Couceiro, José Juan Costa Rial, María Flora González Sanmartín, Milagros González Sanmartín, Miguel Ángel Gaspar Donado Campos, Mª del Carmen García Oliveira, Manuela Sangiao Sánchez, Enma José Muñiz Muñiz, Ángel Santiago Campos Pena, Gaspar Araujo López, María del Carmen Eyo Míguez, José Manuel López Louzao y Francisco Javier Rubio Señorán contra o Decreto da Xunta de Galicia 207/2006, do 16 de novembro, polo que se suspende a vixencia das normas subsidiarias de planeamento municipal da Estrada e se aproba a ordenación urbanística provisional aplicable ate a entrada en vigor do novo plan e, en consecuencia, anulamos o mencionado Decreto 207/2006, do 16 de novembro, o cal é contrario a dereito; sen facer especial condena en custas».

O que se fai público, para o seu xeral coñecemento e cumprimento, de conformidade co disposto nos artigos 118 da Constitución, 17.2 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2013

Mª Encarnación Díaz Rivas
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo