Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012341AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 28 de novembro de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2012341AL-CO incoado a Pastelería O Forno, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Pastelería O Forno, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 18 de decembro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 2012341AL-CO.

Interesada: Pastelería O Forno, S.L.

DNI/NIF/CIF: B15085525.

Último enderezo coñecido: rúa Romaño, 58. 15898 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: artigo 6; artigo 50.1.d) e e), artigo 51.1 parágrafos 1 e 4. Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria: artigo 18.1.3.4. Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: anexo II, capítulo I.1, capítulo II.1.c), capítulo V.1. a) b) c) e d), capítulo IX. 2, capítulo X.1. 2. 3. e 4.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 3.000 € (tres mil euros).