Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Mércores, 23 de xaneiro de 2013 Páx. 1983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012255AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 28 de novembro de 2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2012255AL-CO incoado a José Antonio Sánchez Casas.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a José Antonio Sánchez Casas o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H; ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 17 de decembro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 2012255AL-CO.

Interesado: José Antonio Sánchez Casas.

DNI/NIF/CIF: 33292093F.

Último enderezo coñecido: Méndez Núñez, 3, Caión. 15145 A Laracha.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: artigo 50.1.d) e e), artigo 51.1 parágrafo 1 e 4; Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: artigo 5.1, 2.a), b), c), d), e), f) e g), 3, 4.a), b) e c), 5; anexo II, capítulo I.4, capítulo II.2, capítulo V.1.b); e Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas: artigo 10.1, 2.a) b) c) d) e) f) e g) e 3.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 1.800 € (mil oitocentos euros).