Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se acorda publicar a Resolución do 14 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre rectificación do perímetro da zona de concentración parcelaria de Castelaus (Calvos de Randín-Ourense).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na zona de concentración parcelaria de Castelaus (Calvos de Randín-Ourense) que, con data do 14 de decembro de 2012, o director xeral de Desenvolvemento Rural, no uso das facultades que lle confiren os artigos 23 e 25 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro,

resolve:

1. Excluír do proceso de concentración parcelaria de Castelaus (Calvos de Randín-Ourense) as parcelas nº 111-1 e 111-2 do polígono 21.

2. Incluír no antedito proceso as parcelas nº 5, 10 e 219 do polígono 16.

Ourense, 3 de xaneiro de 2013

P.A. (Resolución 26.6.2012)
José Antonio García Rodríguez
Xefe territorial de Ourense