De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director xeral de Desenvolvemento Rural.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 26 de decembro de 2012
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Acto notificado: Resolución do 11 de xuño de 2012, do director xeral de Desenvolvemento Rural, de recoñecemento de dominio da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña).
Interesado: Manuel Iglesias Míguez.