Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2013 pola que se modifica a Resolución do 26 de decembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto, dun contrato non suxeito a regulación harmonizada, de execución das obras que se citan (expediente LU-14.03-12-01).

No punto 5.b) da Resolución do 26 de decembro de 2012, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 3, do 4 de xaneiro de 2013, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto, dun contrato non suxeito a regulación harmonizada, de execución das obras que se citan (expediente LU-14.03-12-01), disponse que os pregos e o cadro de características do contrato (CCC) se poderán obter no perfil de contratante.

Advertido erro no contido do CCC que rexerá a licitación das obras da dragaxe da canle de acceso ao porto de Foz (Lugo), descritas no punto 2 da devandita resolución, cómpre efectuar a seguinte modificación no devandito documento:

– No punto 4 do CCC, referido ao prazo de execución, onde di: «nove (9) meses», debe dicir: «cinco (5) meses».

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 881 88 16 45.

2. Enderezo na internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18307

– Prazo de presentación de proposicións:

Mantense o prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar a contratación das devanditas obras, que rematará o día 30 de xaneiro de 2013, ás catorce (14.00) horas.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia