Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal, así como do acordo de suspensión de licenzas.

O Concello Pleno, en sesión do 21 de decembro de 2012, acordou aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Sada, redactado pola empresa Monteoliva Arquitectura, S.L.P.

Consonte o previsto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA), o dito documento aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométese a un período de consultas e de exposición ao público polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal os interesados poderán examinalo e presentar cantas alegacións consideren convenientes, para o que estará á súa disposición na oficina municipal habilitada para tal efecto no Servizo Municipal de Urbanismo do Concello de Sada, en horario de atención ao público de luns a venres, das 9.00 ás 14.30 h.

Así mesmo, nos termos previstos no artigo 77.2 da LOUGA e 118.1 e 120.1 do Regulamento de planeamento urbanístico, aprobado polo Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, o dito acordo comportou a suspensión de licenzas polo prazo máximo de dous anos contados desde a data da adopción do dito acordo plenario naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supuxeron a modificación da ordenación urbanística vixente. As áreas afectadas pola suspensión son as que se determinan no informe e plano de suspensión de licenzas elaborados polo equipo redactor con data do 10 de decembro de 2012 que consta no expediente. Segundo o dito informe abrangue as seguintes:

As licenzas obxecto de suspensión serán as relativas á parcelación de terreos, reformas, ampliacións, novas edificacións de soares vacantes ou para a demolición ou baleirado e nova edificación en parcelas ocupadas por edificios existentes, coa excepción dos seguintes ámbitos:

a) Solo de núcleo rural: poderanse outorgar licenzas para os proxectos que cumpran simultaneamente coas condicións da disposición transitoria primeira da LOUGA, da ordenación urbanística provisional en vigor e do PXOM que se aproba inicialmente.

b) Solo urbano: poderanse outorgar licenzas para os proxectos que, contando con normas zonais similares, cumpran simultaneamente coa ordenación urbanística provisional de Sada e co PXOM aprobado inicialmente, así como coa LOUGA. Aplicarase nas seguintes ordenanzas:

– Ordenanza 1: urbano residencial en cuarteirón con patio.

– Ordenanza 2: urbano residencial en cuarteirón compacto.

– Ordenanza IU-Industrial.

Suspenderanse as licenzas no resto das seguintes ordenanzas:

– Ordenanza 3: urbano residencial de transición de cuarteirón.

– Ordenanza 4: urbano residencial nos casos de Riovao, Sada de Arriba e Pazos.

– Ordenanza 5: urbano residencial do núcleo de Fontán.

– Ordenanza 6: urbano de baixa densidade.

– Ordenanza 7: urbano de edificación unifamiliar en ringleira baixo rasante da estrada Sada-Betanzos.

– Ordenanza 8: urbano especial.

No solo urbano non consolidado suspéndense as licenzas.

c) Ámbitos de planeamento susbsistentes: poderanse outorgar licenzas nos seguintes ámbitos de planeamento subsistente:

– Plan parcial de ordenación do SAUR-3 na praia de San Pedro de Veigue, aprobado definitivamente o 14 de xuño de 1996.

– Plan parcial de ordenación do SAUR-6 en Souto da Igrexa, Meirás, aprobado definitivamente o 1 de xuño de 1995.

– Plan parcial de ordenación do SAUR-8 en Meirás, aprobado definitivamente o 25 de xaneiro de 2001.

– Plan parcial de ordenación do SAUR-10 en Fortiñón, aprobado definitivamente o 20 de outubro de 1995.

– Plan parcial de ordenación do solo industrial na Ferradura, aprobado definitivamente o 22 de outubro de 1992.

– Plan parcial de ordenación da actuación industrial no Espírito Santo, nos municipios de Sada e Cambre, aprobado definitivamente o 7 de outubro de 1992.

– Proxecto sectorial ASPACE.

d) Elementos catalogados: poderanse outorgar licenzas para os proxectos que se autoricen simultaneamente pola ordenación urbanística provisional vixente e polo aprobado inicialmente, segundo o nivel de catalogación que corresponda.

e) Equipamentos: poderanse outorgar licenzas para os proxectos que cumpran simultaneamente coas condicións da ordenación provisional vixente e o PXOM que se aproba inicialmente.

f) Porto Sada-Fontán: o ámbito do porto non está afectado pola suspensión de licenzas.

Igualmente, o Concello Pleno ordenou a interrupción do procedemento de outorgamento das referidas licenzas, e a notificación deste acordo persoalmente aos que presentasen solicitudes de licenza con anterioridade á data.

Sada, 7 de xaneiro de 2013

Ernesto Anido Varela
Alcalde